vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Cunqueiro dispón do primeiro quirófano híbrido do Estado e un dos dez primeiros de Europa

Posted by on Sep 5th, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O presidente do Goberno de Galicia  salientou este martes que a posta en funcionamento do primeiro quirófano híbrido do Estado no Hospital Álvaro Cunqueiro, e un dos dez primeiros de toda Europa, permitirá levar a cabo unha cirurxía máis rápida, máis segura e máis precisa.

“Estamos a falar do quirófano máis complexo e avanzado de todos os que hai en España”, dixo o presidente, subliñando que os procedementos que permite rebaixarán aínda máis o risco e a duración deste tipo de intervencións cunha cirurxía menos invasiva e ofrecerán unha imaxe de altísima calidade ao multiplicar por sete a potencia dos equipos portátiles.

Así mesmo, a través dunha pantalla panorámica, os cirurxiáns poderán recibir imaxes en tres dimensións, realizar un mapa dinámico do sistema circulatorio do paciente e combinar a imaxe radiolóxica con outras obtidas por escáner, resonancia magnética ou ultrasóns.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM