Vigo al minuto

O Concello prevé un orzamento de 3,3 millóns en 7 parques infantís que estarán rematados a finais de 2018

O goberno local está construíndo ou ten en proxecto construción ou ampliación de sete novas áreas de recreo infantil – Barreiro, Independencia, Bouzas, Pedro Alvarado, Navia, Praza Independencia e Venezuela-  ás que adicará 3,3 millóns de euros antes do remate de 2018.

Nestes momentos xa se están redactando os proxectos de Barreiro e Independencia, mentres que o de Venezuela está en fase de licitación, adiantou este martes  alcalde quen engadiu que  os de Barreiro, Independencia e Bouzas terán un custo de 200.000€ cada un, mentres que o de Pedro Alvarado ten un orzamento de 500.000, o de Navia de 1,1 millóns, o de Praza Independencia, 320.000€ e o de Venezuela, 770.000€.

Tamén se referiu Abel Cabalero ás tres pistas de skate que o goberno local ten proxectadas na cidade: a de Navia, a punto de ser licitada, cun custo de 300.000€; as de Barreiro -xa adxudicada-), suporán un custo de 60.000€ , mentres que a instalación prevista en O Castro está pendente de informe de Patrimonio do Goberno de Galicia.

También te puede interesar