O Concello de Redondela retirou preto dun cento de niños de vespa velutina dende o pasado mes de xuño | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Concello de Redondela retirou preto dun cento de niños de vespa velutina dende o pasado mes de xuño

Posted by on Sep 5th, 2017 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Concello de Redondela intensificou dende finais de maio os esforzos por retirar os niños de vespa velutina que foron aparecendo en diferentes partes da vila.

Este ano o número destes niños aumentou nunha porcentaxe “moi considerábel” en relación ao ano pasado, aseguran dende a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Miguel Ángel Álvarez.

O incremento, segundo os técnicos municipais, débese á escaseza de choivas este ano, o que tivo coma consecuencia que os primeiros avistamentos de aniñadoiros se adiantasen e que dende as primeiras semanas do mes de xuño os avisos por parte dos veciños chegasen a superar os 2 ou 3 diarios.

Nestes tres meses, os especialistas da Concellería de Medio Ambiente recibiron un total de 165 chamadas por avistamentos de niños, chamadas que se recibiron dende todas as parroquias de Redondela. En total retiráronse xa 96 niños, un número ao que hai que engadir aqueles dos que se fixo cargo o Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir), logo dos avisos recollidos pola Policía Local e o 112.

En opinión dos técnicos do Concello, a incidencia da vespa velutina “é un problema grave e importante”, que afecta, en primeiro lugar, ás colmeas da abella común, a produtora do mel, que está a sufrir unha considerable agresión desta especie invasora e, amais, ataca tamén á uva, como estase a comprobar nas últimas semanas.

A presenza de niñeiros de velutina será aínda maior en canto empece a caer a folla, advirten dende a Concellería de Medio Ambiente, e se descubran moitos dos asentamentos que agora están agochados trala follaxe.

O Goberno  Local, ademais de amosar a súa preocupación polo dano que está a causar esta vespa, actuou axiña para combatela, redobrando os esforzos para a retirada dos niños e organizando xornadas informativas, con persoal especializado no control de pragas, destiñadas aos veciños, a última delas o pasado mes de maio.

Nestas sesións expuxéronse as pautas necesarias para a identificación desta especie, as medidas de control pertinentes para atallar da maneira máis axeitada os seus ataques e subliñouse,  que dende a chegada da primavera cumpría extremar as precaucións, dado que as raíñas de Vespa Velutina iniciaban daquela a construción dos seus niños.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM