Galicia Sucesos

Un morto e 84 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 85 persoas debido a 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 1, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 3 de setembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 65 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 85 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 97. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en 11 sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 70 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 13 accidentes. As ambulancias convencionais acudiron nun sinistro.

En 74 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 10   ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro.

También te puede interesar