Vigo al minuto

A folga do persoal de limpeza de Citroën achegouse ao 90% o pasado domingo e este luns

O cadro de persoal de Clece, contrata da limpeza das instalacións de PSA Peugeot Citroën en Vigo, está a intensificar as protestas “contra os incumprimentos da empresa” e secundou “masivamente” as dúas xornadas de folga convocadas o domingo e o luns. Ao mesmo tempo, os traballadores desenvolveron distintas concentracións tanto diante das instalacións de Clece como de Citroën e levaron a cabo manifestacións polas rúas da cidade coincidindo cos paros.

Segundo cálculos do comité de empresa de Clece, a xornada de folga do pasado domingo tivo un seguimento do 80% entre o persoal da limpeza, mentres que “no caso dos traballadores encargados da limpeza dos contenedores esta cifra elevouse até o 90%”.

O luns o paro foi secundado aínda por un maior número de empregados, sinala o comité, “no sector da limpeza o seguimento foi do 85% e no de contenedores do 95%”. A representación do persoal agarda agora que a empresa “mova ficha e os convoque a unha xuntanza para abordar unha problemática laboral que nos últimos tempos supuxo a convocatoria de varias xornadas de folga e numerosas mobilizacións.

Coincidindo coas dúas xornadas de folga que tiveron lugar onte domingo e hoxe luns os traballadores de Clece desenvolveron manifestacións polas rúas da cidade e concentracións ás portas da empresa, en Praza América, e diante das instalacións de Citroën, na avenida de Balaídos.

También te puede interesar