vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@depo_es impartirá 7 cursos para persoas desempregadas da provincia durante o curso 2017-2018

Posted by on Sep 3rd, 2017 y archivado abajo Comarcas, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a realización de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas desempregadas durante os exercicios 2017 e 2018. Concretamente, serán 7 cursos destinados a 75 persoas da provincia de Pontevedra para os que se investirán preto de 175.000€.

A presidenta da Deputación asegura que “estes cursos van en liña cun dos nosos grandes obxectivos, que é o impulso e o fomento do emprego así como a mellora da empregabilidade das persoas desempregadas.”

Carmela Silva adiantou que “poñemos en marcha un novo programa formativo dirixida a aquelas persoas que por mor da crise non teñen a formación suficiente para ter espazos de empregabilidade que lles permitan acceder a un posto de traballo. De feito todas as accións foron elixidas en función da demanda que hai deste tipo de persoal no conxunto dos sectores económicos da nosa provincia”

Máis polo miúdo, a formación que se impartirá nestes sete cursos centrarase nas seguintes áreas: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (curso de 450 horas), docencia da formación profesional para o emprego (380 horas), promoción turística local e información ao visitante (690 horas), xestión de chamadas de teleasistencia (310 horas), comunicación en Lingua Castelá (120 horas), competencia matemática (120 horas) e comunicación en Lingua Galega (25 horas).

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM