vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Concello de Redondela volve a apostar pola compostaxe

Posted by on Sep 2nd, 2017 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Concellería de Medio Ambiente, en colaboración con SOGAMA, fará entrega nas vindeiras semanas, dunha nova partida de ‘composteiros’ domésticos coa finalidade de seguir o programa para reducir a cantidade de lixo orgánico que se xera nas casas, evitando que remate no colector verde e, deste xeito, baixar o número de toneladas que lévanse a incinerar cada día.

“Temos que ser conscientes de que gastar  cartos en queimar o lixo é coma queimar os cartos directamente”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente. “Con estas accións queremos acadar varios obxectivos, dende a baixada do custe de máis dun millón de euros que asume cada ano o Concello, pasando por manter o recibo que teñen que pagar os veciños por este servizo, mellorar o medio ambiente e crear un compostaxe natural, de balde e ecolóxico, entre outras vantaxes”, engade Miguel Ángel Álvarez.

As persoas interesadas en recibir un composteiro teñen que estar empadroadas en Redondela, non ter recibido outro por parte do Concello anteriormente, participar nunha xornada formativa impartida polos técnicos municipais e de SOGAMA, estar dacordo en que os técnicos do Concello fagan un seguimento e asesoramento nas casas nas que estean instalados os composteiros e anotarse con anterioridade enviando un correo ao enderezo electrónico  [email protected] ou chamando ao teléfono 986-400300.

Dende a Concellería de Medio Ambiente lémbrase que a reserva farase seguindo a orde das chamadas e de chegada dos correos electrónicos.

O día de entrega dos composteiros e a asistencia á xornada de formación sobre compostaxe comunicarase, persoalmente, a cada un dos interesados e interesadas.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM