'Qué te cuentas?' Galicia

A Garda Civil intercepta a un individuo que circulaba a 211 quilómetros por hora pola AP-9

O condutor dun vehículo que circulaba o xoves pasado, día 31, a 211 quilómetros por hora pola AP-9-onde está limitada a 120-, foi interceptado e indentificado, como informa a Garda Civil.

Nun comunicado, a Benemérita sinala que o feito produciuese preto de Compostela e que o vehículo foi  detectado por un radar equipado no helicóptero da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

Axiña, o coche foi detido e o condutor identificado polos axentes que impuxéronlle unha multa de 600€ e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.

También te puede interesar