Comarcas Vigo al minuto

O Goberno Local de Redondela licita a contratación do proxecto de urbanización da Finca da Ginaria

O Concello de Redondela ven de publicar a licitación da contratación da redacción do proxecto de urbanización da Finca da Ginaria xunto coa dirección facultativa e a coordinación de seguridade e saúde.

A mesma pode consultarse no ‘Perfil do Contratante’, na páxina web municipal, www.redondela.gal, e o prazo para a presentación das ofertas remata o vindeiro mércores, día 6 de setembro, ás 14.00 horas.

Este é o paso previo á contratación da execución da obra que permitirá que o novo Colexio de Igrexa teña os accesos axeitados así como todos os servizos necesarios para o seu bo funcionamento.

Como indica o Goberno Local, a súa intención é “levar a cabo todos os pasos necesarios de forma coordinada para que unha vez que estea autorizado pola Lei de Medidas Urxentes o cambio de cualificación dos terreos da Ginaria onde se vaia construír o novo colexio de Igrexa se poida comezar de xeito inmediato coa construción do mesmo tratando de reducir o máximo posible os prazos de realización de dita obra”.

O orzamento para a redacción deste proxecto é de 27.225 € e a previsión do custe de obra ronda os 500.000€, dotación incluída no remanente e aprobada no pasado pleno polos votos a favor do Partido Popular, coa abstención do Partido Socialista e o voto en contra AER, BNG e Podemos.

También te puede interesar