Vigo al minuto

Concentración este xoves no MARCO en contra do peche dos servizos da Casa da Xuventude

Distintas asociacións e colectivos convocaron unha concentración, este xoves, ás 8 e media da tarde, ddiante do MARCO, para protestar contra o peche dos servicios de información e dinamización xuvenil da Casa da Xuventude e o Punto Xove.

Na mesma, recolleranse sinaturas para entregar una petición formal que impida esta decisión. “Non podemos permitir que pechen, o futuro da xuventude de Vigo está en xogo”, afirman os convocantes.

Pola súa banda, o Grupo Municipal Marea de Vigo denuncia que esta decisión suporá o despido de 6 traballadoras e traballadores da empresa concesionaria que en 2013 gañou o concurso, e que, indican dende Marea de Vigo, “realizan unha función imprescindible para o colectivo de mozos e mozas da nosa cidade: Punto de información xuvenil, xestión dos campamentos de verán, asesoramento laboral, tramite de becas, información de tempo libre e voluntariado, mesmo xestións administrativas de programas como o Camiño a Camiño que non é esencialmente un programa de mocidade”.

Por iso presentará no vindeiro Pleno do Concello unha moción urxente na que proporá que  se prorrogue durante 1 ano o servizo “mantendo plantilla actualmente existente e actuacións actualmente ofertadas e preparar un ambicioso Plan de dinamización xuvenil para o 2019 que mellore e amplíe os servizos e políticas orientadas á mocidade”.

Ademáis, instará ao Goberno local a recuperar nas instalacións do Castro o programa ‘Súbete ao Castro’, “co seu espírito orixinario, recuperando tamén proxectos técnicos e programas que tiñan unha valoración importante por parte dos usuarios e usuarias”.

También te puede interesar