Vigo al minuto

Haberá unha terceira praia para cans en Vigo, ademáis de as de Foz e Calzoa, á esquerda da desembocadura do Lagares

Cando entre en vigor a nova ordenanza e se dea conta na Xunta de Goberno Local, Foz e Calzoa -á esquerda da desembocadura do Lagares- serán praias habilitadas para cans, asegurou este martes o alcalde- confirmando unha nova que se filtrara so a un medio de comunicación local-.

Abel Caballero sinalou que trátase dunha zona ampla, cunha cualificación de auga excelente e nulo nivel bacteriolóxico desde que entrou en funcionamento a nova depuradora, tal e como amosan as constantes analíticas ás que se somete a auga.

En declaracións aos medios, o alcalde adiantou que Vigo contará cun areal máis para cans, sen desvelar aínda o nome.

También te puede interesar