Destacados

O Concello de Ponteareas abre o proceso de selección para dúas prazas de auxiliar de puericultura

O Concello de Ponteareas a través da Concellería de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, convoca o proceso de selección para a contratación laboral por interinidade de dúas prazas de auxiliar de puericultura para a Escola infantil.

As/os interesados teñen de prazo ata o 7 de setembro e poden consultar as bases na páxina web do concello de Ponteareas na pestaña “Ofertas de emprego público”, premendo aquí.

As instancias polas que se solicita formar parte neste proceso selectivo, dirixiránse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 10 días naturais, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As/os aspirantes deberán ter como mínimo a titulación de Técnico Superior en Educación Infantil ou equivalente.

Finalizado o prazo fixado para presentar as solicitudes o Concello de Ponteareas ditará resolución, no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando no seu caso os motivos de exclusión, que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello, e na páxina web www.ponteareas.gal

As/os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión.

Calquera dúbida pode ser consultada no departamento de emprego e formación no andar baixo da casa do Concello.

También te puede interesar