Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Ourense sofre a accións dos pirómanos con 8 lumes activos e máis de 1.000 hectáreas queimadas en apenas 24 horas

Posted by on Ago 24th, 2017 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Portada, Sucesos. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Os tres grandes incendios que asolan a provincia de Ourense- que estes días sofre a peor vaga de luns de todo o ano- arrasaron máis de 1.000 hectáreas en apenas 24 horas, chegando a poñer en perigo, nalgún caso, varias casas que se quedaron a apenas un cento de metros das lapas.

O fogo, provocado segundo todos os indicios, en Monterrei, Castro Caldelas y Chandrexa de Queixa e, no caso de Monterrei, volveu a cebarse cunha comarca que xa sufrira, a principios deste mes de agosto o meirande incendio deste verán en Galicia, con preto de 1.500 hectáreas arrasadas.

Este mércores o lume arrasou 350 hectáreas nesta zona, outras 300 en Chandrexa de Queixa e 250 en Castro Caldelas, aínda que Ourense rexistrou outros incendios máis coma os de Trives-que queimou 20 hectáreas- ou Montederramo-42 hectáreas-.

Neste intre, dacordo sempre coa información da Consellería de Medio Rural, segue activo o lume de Chandrexa de Queixa, que empezara o martes pola tarde e no que están a traballar 4 axentes, 13 brigadas, 1 motobomba, 8 helicópteros e 4 avións.

Están estabilizados-non apagados- os de Castro Caldelas, contra o que loitan 1 técnico, 8 axentes, 26 brigadas, 15 motobombas, 7 helicópteros, 4 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), e Monterrei contra o que combaten 19 axentes, 40 brigadas, 22 motobombas, 11 helicópteros e 4 avións.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM