Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Comité de Empresa do Porto rexeita a “nova privatización” das Lonxas de peixe de Vigo

Posted by on Ago 22nd, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A “nova da privatización” das lonxas de peixe colleu por sorpresa ó Comité de Emresa da Autoridade Portuaria que non lle atopa sentido ás intencións do presidente deste organismo e ve “moitas incongruencias” nas xustificacións que esgrime.

En primeiro lugar, sinala o presidente do Comité de Empresa e voceiro da C.IG,  “non saen as contas das supostas pérdidas o señor López Veiga afirma que xeneran as lonxas do peixe do Porto Pesqueiro. En relación os gastos de mantemento producidos resulta canto menos curioso que tendo personal de mantemento propio capacitado para o desempeño da meirande parte dos traballos de conservación e mantemento necesarios nas lonxas, a Autoridade Portuaria se gaste cerca do millón e medio de euros anuais na contrata dunha empresa externa de mantemento”, exactamente 342.000€ de presuposto máis 215.000 para otras cousas non previstas no prego de condicións, e doutra empresa de limpeza -800.000€ que se adxudicarán este mércores 23 de agosto-.

“Cabe decir que o control do mantemento que realiza a empresa adxudicataria viuse moi afectado  pola política aplicada pola Autoridade Portuaria de non cubrir as baixas do personal dedicado a dita supervisión nin as xubilacións acaecidas nestes últimos anos”, polo que dende a C.I.G teñen claro que o estado de abandono das instalacións do Porto Pesqueiro non teñen outro culpable máis que ós propios dirixentes da Autoridade Portuaria e agora, tralo anuncio do señor López Veiga da privatización das mesmas, están empezando a pensar que “dita deixadez foi premeditada para intentar ter unha xustificación de cara á privatización”.

O que lle resulta “tremendamente paradóxico” ó presidente do Comité de Empresa é que López Veiga se queixe do excesivo  gasto en mantemento e que sin embargo afirme que o que se leve a xestión da Lonxa se atopará cunhas instalacións totalmente renovadas e modernizadas, pois deixa entrever unha gran inversión, que non fará máis que ampliar o gasto e agravar as “supostas” perdas.

O presidente da Autoridade Portuaria, subliña o Comité de Persoal, facía tamén mención ó gasto en vixilancia e dende a C.IG son rotundos á hora de recordarlle a López Veiga que a vixilancia da Lonxa é cousa da Policía Portuaria e que non existe personal algún mellor formado e capacitado para o desenrolo desa labor e que, como mal menor, en caso de levarse a cabo esa privatización o gasto en vixilancia non descenderá, pois ningún Policía Portuario vai ser despedido e o único que vai conseguir e recolocar ós Policías noutros servicios que últimamente estanse a ver mermados e perxudicados pola política de austeridade aplicada no Porto de Vigo. Ademáis advirten do descontento que se está a xerar no seo da Policía Portuaria que se sinte moi desprestixiada por parte do señor López Veiga.

Xa para finalizar, Diego González laméntase da “actitude caciquista do señor Veiga que fai e desfai ó seu antollo sen dialogar nin consultar coas partes implicadas: “López Veiga encarouse cos estibadores, cos inspectores do P.I.F e agora cos vendedores de peixe sen dialogar nin negociar con ninguna das partes afectadas e  non se da conta de que , a pesar do que se cree, leva soamente dous anos aquí e non sabe como funciona o Porto de Vigo. Estáse a cargar unha maquinaria ben engrasada e vai deixar ó Porto de Vigo (que xa se está a resentir coa perda de tráficos e as nefastas inversión que estánse a realizar) nunha situación irreversible  “

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM