Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Preto de 32.000 persoas pasaron polos centros de interpretación do Camiño en Cebreiro, Lugo, Mondoñedo e Compostela

Posted by on Ago 16th, 2017 y archivado abajo Cultura, Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Preto de 32.000 persoas visitaron os centros de interpretación do Camiño de Santiago desde comezos deste ano. Galicia conta con catro centros deste tipo repartidos entre as provincias de Lugo e A Coruña e situados en tres dos itinerarios xacobeos existentes: o Camiño Francés, co centro do Cebreiro; o Camiño do Norte, co de Mondoñedo, e o Camiño Primitivo, co centro de Lugo. Esta oferta divulgativa se completa coas novas dependencias localizadas na meta de peregrinación, en Santiago de Compostela, como parte dos servizos do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino.

Este tipo de centros de interpretación, xestionados desde Turismo de Galicia a través do Xacobeo, dan un enorme valor engadido á experiencia da peregrinación, xa que brindan aos camiñantes apoio, información e contidos complementarios que lles axudan a comprender e coñecer máis o Camiño de Santiago, en xeral, e a ruta que están a percorrer en particular. Fano desde as diferentes perspectivas presentes na ruta xacobea e que a enriquecen.

O centro de interpretación do Camiño de Santiago no Cebreiro, no emblemático punto de entrada do Camiño Francés na Comunidade, foi o que recibiu máis visitantes, ao superar xa os 12.000. Precisamente este itinerario é o máis seguido polos peregrinos, pois concentra o 60% dos camiñantes totais.

Pola súa banda, as instalacións de Lugo recibiron máis de 6.300 e as de Mondoñedo preto de 3.200. Finalmente, ata este servizo do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, na contorna da praza do Obradoiro, achegáronse máis de 10.000 persoas. Neste lugar, Turismo de Galicia dispón de espazos onde o peregrino pode recibir asesoramento para continuar a súa estadía na Comunidade tras recoller a Compostela.

Un verán de novidades 

Todos estes centros se atopan en camiños declarados Patrimonio Mundial pola Unesco  que, ao igual que o resto de itinerarios, están a experimentar constantes melloras ao abeiro do Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago. Coa vista posta no Xacobeo 2021, xa se desenvolveron numerosas iniciativas en eidos como o mantemento viario, a sinalización e   a seguridade viaria, a potenciación dos valores patrimoniais, o impulso da accesibilidade e da sustentabilidade medioambiental ou o fomento da investigación e a cultura xacobea.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM