Galicia Sucesos

Apagados os lumes de Pantón e Maside, e seguen activos os de Vilariño de Conso e San Cristovo de Cea

O lume que empezara este sábado ás 11 da noite segue aínda activo na parroquia de Castiñeira, no concello ourensán de Vilariño de Conso.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, as lapas, que prenderon en varios lugares ao tempo, queimaron xa máis de 20 hectáreas. Neste intre, 6 axentes, 14 brigadas, 7 motobombas e dúas pas loitan contra o lume.

Segundo o Goberno galego, os incendios de Pantón, en Lugo, e Maside, en Ourense, están apagados. O de Pantón, na parroquia de Pombeiro, queimou 34 hectáreas de árbores, e na súa  extinción traballaron 8 axentes, 17 brigadas, 14 motobombas, unha pa e unhelicóptero.

Tamén, neste caso ás 9 e media da noite de onte, quedou extinguido o lume que prendera na  parroquia de Piñeiro, no concello de Maside.   Segundo Medio Rural, a superficie queimada foi de 29  hectáreas.

A consellería tamén da por controlado-non apagado- o incendio da parroquia de Viña, en San Cristovo de Cea, que xa quiemou 20 hectáreas. Contra as lapas, que empezaran en varios focos ao tempo están a traballar 1 técnico, 9 axentes, 18 brigadas, 13 motobombas e 3 pas.

También te puede interesar