vigoalminuto.com - Tu periódico digital

Un morto e 100 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

Posted by on Ago 7th, 2017 y archivado abajo Galicia, Sucesos. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O 061 asistiu durante a fin de semana a 101 persoas debido a 71 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 4, ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 6.O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 30 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 88 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 71 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 101 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 90. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en cinco sinistros,   as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 73 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 11 accidentes. As ambulancias convencionais acudiron nun sinistro.

En 85 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM