Ciencia y Tecnología

Apagado o lume de Pantón, descontrolado o de Laza e ainda activo o de Verín, con máis de 1.700 hectareas queimadas en total

O lume que empezara na parroquia de Toldaos, no concello lucense de Pantón, o pasado venres pasadas ás 3 da tarde, quedou apagado este luns logo de queimar 249 hectáreas, máis de 191 de monte raso e o resto de arborado, segundo datos de Medio Rural.

En total, traballaron na súa extinción 11 helicópteros, 2 avións, 26 motobombas, 44 brigadas, 3 pas e 16 axentes.

Así mesmo, está estabilizado-non controlado- o lume na Rede Natura de Laza, que arrasou 70 hectáreas. A lapas empezaron preto das 9 da noite do sábado e están na zona 4 avións, 8 helicópteros, 6 motobombas e 21 brigadas.

Por outra banda, o incendio de Verín e Vilamaior, no que arderon máis de 1.400 hectáreas, está controlado. O lume empezara as 4 e media da tarde do xoves pasado e traballan para apagar a lapas 16 helicópteros9 avións, 73 motobombas, 115 brigadas y 65 axentes.

También te puede interesar