Comarcas

Pablo Milanés, este sábado, día 5, coa Coral Stella Maris, en Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece este mes de agosto un ambicioso programa cultural e de ocio que arranca co plato forte este sábado, día 5, da coral Stella Maris con Pablo Milanés e  pecha coa primeira edición do festival de música ‘Vive Nigrán’ o 26 e 27, ambos no campo de fútbol de Praia América-Lourido.

A esto súmanse, entre outros, eventos xa de referencia como a ‘Andaina nocturna do terror’ en Parada (día 11) concentración de artefactos flotantes ‘Flota como Poidas’ (día 13 ás 18:30 na ponte de A Ramallosa), a observación das perseidas en Chandebrito (día 14) ou a baixada de carros de bolas en Camos (día 15). En total, máis dun cento de actividades de ocio, cultura e deporte ás que se suman novidades como a festa da cervexa artesanal Val Miñor Fest o 18, 19 e 20 e que se iniciaron o día 1 coa organización da festa de San Fiz por parte do Concello.

Así, neste mes terá lugar o novo festival Vive Nigrán, que contará, entre outros, cos grupos Viva Suecia, Tachenko, Las Bistécs, Basanta, Joe Crepúsculo, Da Chick, Be Flecha… Preto de vinte actuacións durante o sábado 26 e domingo 27 que se complementarán con actividades e obradoiros para todo tipo de públicos, mercadillo e food trucks.

A este festival súmase o Val Miñor Fest na Ramallosa, adicado á cervexa artesanal e que contará con diversas actuacións durante os tres días de duración (do 18 ao 20).O Concello colabora tamén na organización de ‘La Fiesta’ do Pazo de Cea, que trae  a Wyoming e achegará tamén a Mikel Erentxun o 18 e Love of Lesbian o 25. Compre destacar tamén a saída especial o día 16 da ‘Parranda de San Roque’, conformada por centos de fieles de Nigrán e que cumple cen anos peregrinando ata Morgadán para festexar este día.

Na competición deportiva destaca o torneo nacional de bolos celta en Camos ou o campionato de tenis-praia en Panxón, ambos este sábado e domingo, a carreira Nigrán Area o sábado 12 ou o Torneo de Fútbol Concello de Nigrán o 19 en Condomínguez. Non faltarán as sesións de zumba na praia tódolos días agás domingos.

Por outra banda, os máis pequenos terán tódolos venres e sábados obradoiros na xa tradicional Feira de Artesanía de Praia América (que estará ata finais de agosto) e os sábados haberá xogos para os nenos en praia América ou Patos, alternativamente. Ademais, como cada ano, o Concello de Nigrán e os diferentes clubes do municipio organizan os campus deportivos semanais, finalizando co de fútbol e o de ciclismo.

‘Os patos surfean de noite’ pecha o día 31 cunha gran festa na praia a programación especial de verán. Trátase dun espectáculo de surf e luces organizado pola Patos Surf Escola e o Concello e que incluirá diferentes actuacións.

A programación a completan festas como a das Angustias, Camos, a semana cultural da Carrasca, teatro… “en definitiva, trátase dun amplo abano destinado a tódolos públicos e para tódolos gustos seguindo a estela do mes de xullo”, resumiu o alcalde, Juan González.

También te puede interesar