vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Os sindicatos convocarán folga na sanidade galega o vindeiro mes de novembro

Posted by on Ago 3rd, 2017 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Os sindicatos CESM e O’MEGA anunciaron a convocatoria dunha folga na sanidade a partir do próximo mes de novembro para exixir á Xunta que inclúa nos orzamentos de 2018 a partida económica necesaria para negociar a Carreira Profesional.

Nun comunicado, as centrais sindicais explican que na Mesa Sectorial de Sanidade celebrada este mércores non se negociou  a carreira profesional, co argumento  por parte do Goberno galego de que primeiro sería necesario contar con respaldo económico, algo que, dacordo cos sindicatos, non pasará ata o año 2019.

As centrais sinalan que este aargumento “é pór o carro diante dos bois”, e reclaman que se solicite unha partida e se inclúa nuns orzamentos que “presumen de ser os máis altos en anos”.

Os sindicatos aclaran que a convocatoria de folga se realiza en novembro, amosando deste xeito a súa  vontade de acordo e dando “prazo razoable” á Administración para que “cambie de actitude”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM