vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Nova protesta contra o despido dun traballador de Autocares Ojea por ir nas listas da CIG

Posted by on Ago 3rd, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A CIG continuou este xoves coas mobilizacións para denunciar a represión sindical en autocares OJEA e reclamar a readmisión do traballador despedido por ir de candidato da CIG nas últimas eleccións sindicais celebradas na empresa.

A central levou a cabo dúas concentracións consecutivas diante do garaxe da compañía e nos domicilios dos dous propietarios da empresa.

O responsábel da Unión Local do Porriño, Tano Guerra, acusou os donos de autobuses OJEA -os irmáns Carlos e Manuel Pino González e cuxos domicilios están no mesmo lugar que os talleres da empresa- de seren os culpábeis “da situación de acoso e persecución que padecen os traballadores e traballadores” e do despedimento do compañeiro que foi na candidatura da CIG ás eleccións sindicais. O sindicalista denuncia que os propietarios aínda gobernan a empresa “como hai 40 anos, coas máis rancias actitudes do vello caciquismo, tan presente aínda en tantos lugares de Galicia”.

“Non hai outra razón para o despedimento que o feito do traballador ir na lista da CIG e atreverse reclamar os atrasos pola antigüidade en vía xudicial”, subliña Guerra. Neste senso, engade  que o empregado despedido levaba case 18 anos prestando servizo neste empresa de autocares, cunha relación laboral “impecábel”. 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM