vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@MareaVigo denuncia que o que suceder coa ‘ORA’ está pensado para favorecer a determinados aparcadoiros privados

Posted by on Ago 3rd, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Marea de Vigo, que apoia ao cadro de persoal da XER-a antiga ORA- así como todas ás súas reivindicacións, expresadas onte en rolda de prensa a cargo dos representantes sindicais do mesmo, coincide na necesidade de que o Goberno Municipal non lle adxudique o contrato á empresa actual, Dornier, dada a grande rebaixa que esta ofrece nos prezos, rebaixa con grandes posibilidades de repercutir nos traballadores. Menos aínda, se esta adxudicación lévase a cabo baixo a suposta ameaza da empresa ao Concello de denuncia polas prazas perdidas a causa das humanizacións.

Segundo o portavoz de Marea de Vigo, o mecanismo é claro e o rédito para o Goberno de Abel Caballero é redondo: o Goberno Municipal fai obra pública en forma das chamadas humanizacións nas zonas e rúas que interesa, empregando o superávit ao seu arbítreo. A continuación faise unha gran inauguración. Neste momento xa eliminou prazas de estacionamento en superficie, forzando ás persoas a acudir aos aparcadoiros privados -aos que interesa, eliminando os que non, como o da Porta do Sol e Praza de Portugal-e, no momento no que a empresa concesionaria do estacionamento regulado en superficie reclama cartos ao Concello pola falla de equilibrio económico, isto ten que ser pagado por todas as viguesas e vigueses, con moita menos publicidade que a humanización. E volta a empezar.

Para a Marea de Vigo, é necesario polo tanto romper estas dinámicas, tan instauradas e normalizadas no Concello de Vigo, dinámicas que so traen supostas oportunidades “prevaricatorias” e económicas para unhas poucas persoas e empresas, graves problemas laborais para outras, e estrago económico para toda a veciñanza viguesa.

“A Marea de Vigo, tal e como xa leva insistido en moitas ocasións, propón o control das concesionarias e a remunicipalización dos servizos, medidas cada día máis necesarias, non só pola mellora do ben común e o control sobre o público, senón xa como unha medida urxente de hixiene na contratación pública no Concello de Vigo”.

Mais “isto ten que facerse de xeito que non acabemos, por exemplo, como en Lugo ou A Coruña, cidades que teñen xudicializada a adxudicación do contrato da Zona Azul, froito de facer á carta certas concesións públicas” remata Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM