vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@ConcelloNigran organiza por segundo ano a concentración de trebellos flotantes ‘Flota Como Poidas’

Posted by on Ago 2nd, 2017 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Concello de Nigrán asume por segundo ano consecutivo a organización da concentración de “artefactos flotantes” chamada “Flota Como Poidas”, que terá lugar o domingo 13 de agosto ás 6 e media da tarde na ponte de Ramallosa, no Río Miñor.

Os interesados teñen ata o día 11 para inscribirse, ben na oficina de información cidadá do Concello de Nigrán en horario de 9:00 a 14:00 horas ou enchendo o formulario que se facilita na web e enviándoo a [email protected]g. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 17.00 a 18.00 horas. É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante.

O evento consta dunha baixada de artefactos flotantes polo río Miñor con saída e chegada ao mesmo punto, nun percorrido circular. Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construción dos mesmos, só que flote e poida navegar propulsado a remo ou a vela. O Concello premiará o artefacto flotante máis traballado e o máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao “Titanic” da edición.

O ‘Flota como Poidas’ coincidirá como cada ano coa feira de oportunidades Ovalmi e haberá tamén unha actuación de Cultura no Camiño (Asacocirco Show ás 17.30 horas na Alameda de San Campio).

O obxectivo primordial é achegar aos veciños e visitantes ao mar, promovendo actividades que fomenten a afición pola cultura marítima e que os máis pequenos tomen conciencia da nosa cultura marítima ao tempo que se divirten.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM