Vigo al minuto

A Porta do Sol, centro, este venres, de ‘Vigo en Festas 2017’

Imaxe:Komodo Facebook

Dende as 7 da tarde deste venres, día 28 de xullo, a Porta do Sol é o centro da celebración do programa de ‘Vigo en Festas 2017’

Distintos grupos folclóricos tocan ata as 9 e media da noite na Festa da Cultura que abrangue, ademáis, un pasarrúas por Príncipe; a festa segue este sábado, día 29, de 11 da mañá 1 da tarde e de 6 a 8 e media e, dende as 10 da noite a 1 da mañá, con baile moderno na Porta do Sol.

Dende as 11 e media da noite de hoxe, no mesmo escenario da Porta do Sol, chega a hora de’Mitic El espetáculo’, que dará paso, ás 12 e media da noite, nese lugar, ‘Vigosónico’ coa actuación de Komodo.

Komodo é  unha formación que xorde a finais do 2015 en Compostela, formada por catro músicos experimentados da escea musical galega. O estilo da banda nútrese de múltiples influencias, destacando principalmente o ‘blues rock’, sen deixar de lado outros  estilos como o funk ou o blues máis clásico.

También te puede interesar