Ciencia y Tecnología Galicia

Os datos do salvo vexetativo son peores dos agardados e ao remate de 2016 éramos 12.521 galegos menos

O adianto dos datos sobre o Movemento Natural da Poboación en 2016, elaborados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), sinalan un empeoramento ainda maior do agardado do saldo vexetativo entre nacementos e mortes en Galicia.   

O número de mortes o ano pasado foi 31.473 mentres o total de nacementos segue baixando por oitavo ano e foi de 18.952-un 2,5% menos que en 2015-.

Isto fai que o saldo vexetativo en Galicia no último ano, fose de -12.521 persoas ratificando o feito de que hai máis de 25 anos que Galicia non presenta un saldo vexetativo positivo.

Entre 2010 e 2016, todas as provincias viron coma se reducía o número de nacementos, a este feito hai que sumar, ademáis, outro moi preocupante: preto do 80% dos nacementos rexistrados en 2016 en Galicia foron nas provincias de Pontevedra e A Coruña e so o 20% restante en Ourense e Lugo.

También te puede interesar