Galicia Sucesos

Aparece un home morto no concello lucense de As Nogais

Unha persoa que pasaba pola antiga N-VI, ao seu paso por Noceda, no concello lucense de As Nogais, atopou este luns, preto das 7 e media da tarde, a un home morto preto dunha caravana.

Segundo fontes de Emerxencias, a persoa que alertou do feito dixo que o home estaba sentado nunha cadeira nunha posición “estraña” e que non se movía, polo cal deu aviso ao 112.

Ata o lugar achegáronse axentes da Garda Civil e  persoal que confirmou a norte que, dacordo cos primeiros datos, non foi por causas violentas.

También te puede interesar