Deportes Vigo al minuto

A grada de Río estará operativa para o primeiro partido de Liga e a obra acabada a final deste ano

O alcalde visitou este xoves o Estadio de Balaídos para comprobar os traballos de reforma da grada de Río, que están na fase de retirada da actual cuberta. Abel Caballero adiantou que a bancada estará operativa para o primeiro partido de Liga e a obra concluida a finais de ano.

O alcalde explicou que para a desmontaxe dividiuse a cuberta en once módulos, que oscilan entre as 5 toneladas das pezas máis pequenas -as dos extremos, unha das cales xa foi retirada- e as 14 toneladas de peso. Caballero estimou que a actual cuberta estará retirada nun prazo aproximado de dúas semanas. Unha vez rematada esta fase, se ensamblará xunto á bancada de Río a malla tubular que dará soporte á nova cuberta. Como aconteceu en Tribuna, a montaxe desta estructura sobre Río é incompatible co fútbol, segundo apuntou o rexedor.

O alcalde confirmou que as obras de remodelación integral estarán concluidas a finais de ano e lembrou que Concello e Deputación sufragan este investimento a partes iguais, licitado en 6,77 millóns de euros.

También te puede interesar