Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A UTE da ponte de Rande obrigará as subcontratas a cumprir o convenio en materia salarial e de xornada

Posted by on Jun 28th, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A UTE Dragados-Grupo Puentes, que se encarga das obras de ampliación da ponte de Rande, trasladoulle á CIG que fará que as subcontratas que se encargan dos traballos cumpran o convenio en materia de xornada e de salario.

O compromiso “foille arrincado pola federación da Construción” durante a xuntanza mantida este martes a instancias das propias empresas, logo da ocupación simbólica das obras por parte da central a semana pasada para denunciar as condicións laborais dos traballadores.

Na reunión que tivo lugar na sede da UTE en Chapela participaron o secretario nacional da CIG-Construción, Xoán Xosé Melón, e o comarcal da federación en Vigo, Carlos Méndez. Ao remate do encontro, no que polas empresas interviñeron o xerente e os responsábeis de seguridade e administración, os representantes sindicais explicaron que a compañía solicitou un prazo de tres semanas para transmitirlles ás arredor de 40 subcontratas que hai nas obras que teñen que cumprir o convenio provincial da construción en materia salarial e de xornada.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator