Vigo al minuto

Asociación Veciñal de Teis pide ao Concello que mellore o estado da Praia da Punta

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a comezos deste mes de xuño ao Concello, diante da proximidade do verán, solicitamos a necesidade de realizar unha actuación de urxencia de mellora dos espazos e do entorno da praia da Punta.

“A praia da Punta, cando a marea está alta queda moi pouco espazo, o que provoca que a veciñanza este amoreada no formigón ou no peirao”, sinalan os veciños, que engaden que “no espazo de formigón hai buratos, a rampla de aceso esta afundida e no paseo marítimo hai zonas sen firme”.

A Asociación cre que o espazo existente a altura da praia -entre o paseo marítimo e o parque público- poderíase acondicionar como zona verde, o que permitiría que a veciñanza se colocase no mesmo. “Na actualidade este espazo esta descoidado, cun terreo irregular e con vexetación”.

Para facelo sinalan que é necesario desmontar a torre de vixilancia, a altura da praia da Punta, “ao supor un perigo pois está moi deteriorada, e xa producíronse algún desprendementos de pezas metálicas”, engaden.

Na súa opinión, a praia da Punta e o entorno a ETEA, están infrautilizados, “pola falta de interese e de xestión por parte do goberno municipal” e lembran que A Punta é unha praia que conta con bandeira azul, a máis concorrida de Teis, polo que é necesario mellorar os espazos da mesma.

También te puede interesar