vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@EDans en Vigo, presentado por @carmelasilva e @abelcaballero, falando de ‘transformación dixital’

Posted by on Jun 26th, 2017 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Imágenes:vigoalminuto/Enrique Dans participa dende primeira hora desta mañá, no antiguo Rectorado-que está ateigado dende as 9 da mañá- nun ‘almorzo networking’ organizado pola Rede SmartPeme da Diputación de Pontevedra, cita á que asisten a presidenta do organismo provincial, Carmela Silva, e o alcalde Caballero.

Trátase dunha iniciativa que ten coma obxectivo asesorar a PEMES  e autónomos na aplicación das novas tecnoloxías para mellorar a súa competitividade.

Dans é experto en innovación e tecnoloxía e profesor de Sistemas de Información na IE Business School e está en Vigo para aportar a súa visión estratéxica sobre a importancia da adaptación e sobre o cambio que o uso das novas tecnoloxías supón para as empresas.

Carmela Silva sinalou na presentación a necesidade de pasar de unha educación analóxica a unha educación dixital, “unha nova forma de educar que poña nas mans dos estudantes novas ferramentas”. Silva salientou que as PEMES teñen nas novas tecnoloxías un “instrumento esencial para xestionarse mellor, isto é o que perseguimos en Smart Peme,un servizo de balde  impulsado pola Deputación para axudar e asesorar  a pequenas e medianas empresas e autónomos”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM