Galicia

Galicia presenta o peor dato demográfico da historia con 12.683 mortes máis que nacementos

Galicia rexistrou o ano pasado, non so o seu peor dato demográfico da historia, senón o peor saldo vexetativo de todo o Estado: en 2016 houbo 12.683 mortes máis que nacementos, segundo a información difundida este xoves no informe ‘Movemento Natural da Poboación’ que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE).

O número e nacementos baixou en 500 dende o ano 2015, ata os 19.049 rexistrados en 2016, de xeito que a taxa de variación anual del número de nacementos o ano pasado en Galicia foi do -1,9 %: ademais Galicia é a terceira comunidade con menor índice de fecundidade: 1,12 fillos por muller fronte a 1,33 da medida estatal.

Ao mesmo tempo, segue aumentando o número de mortes, pasando de 31.688 contabilizadas en 2015 a 31.732 en 2016. Un dato que non deixou de aumentar en 16 anos, dende o 2000, cando se rexistraran 28.858, mentres que no 2005 houbo 29.383 e 29.749 en 2010.

A taxa de variación anual de mortes en Galicia foi do 0,1%-fronte ao 3,2% da media estatal- e a taxa bruta situouse en 11,7 mortes por mil habitantes, a segunda máis alta so por detrás de Asturias-12,7– e por riba da media de España, que é de 8,8.

También te puede interesar