vigoalminuto.com - Tu peridico digital

‘Vive Nigrán’ anuncia a incorporación ao seu cartel de ‘New Day’,banda liderada pola ex Dover Amparo Llanos

Posted by on Jun 17th, 2017 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A organización do Vive Nigrán ven de confirmar a incorporación ao seu cartel de ‘New Day’, banda liderada pola ex Dover Amparo Llanos, e do grupo ourensá ‘Os amigos dos músicos’. A estes dous novos fichaxes súmanse as bandas xa previamente anunciadas ‘Las Bistecs’, ‘Joe Crepúsculo’, ‘Viva Suecia’ e ‘Basanta’.

‘New Day’, que estará no escenario Mahou de Vive Nigrán, é un proxecto da cantante e guitarrista Amparo Llanos e  Samuel Titos (ambos ex Dover) xunto ao baterista Jota Armijos (ex-Fuckaine). A formación, que xurdiu a finais de 2016 a partir da disolución de Dover, confirmou a súa presencia en dous festivais en Galicia, Noroeste (Coruña) e Vive Nigrán.

A banda levará as cancións do seu primeiro traballo, Sunrise, “un berro”, según a cantante, “de independencia y de anhelo a los demás”, co que comenzan o seu camiño como banda. Pola súa banda, ‘Os Amigos dos músicos’ acaba de recibir o Premio Martín Códax da música galega a mellor grupo de Pop/Indie. Os premios, organizados pola asociación Músicos ao Vivo, recoñecen o seu traballo no último ano, no que publicaron o seu primeiro disco e levaron a súa música por dentro e fóra do país. O grupo continúa presentando o seu primeiro disco e despois de levar as súas cancións a Asturias, Euskadi, Valencia ou Madrid.

O picnic-pop festival, que se celebrará en Praia América o 26 e 27 de agosto, esgotou en só 48 horas á venda do bono de 10 euros para as primeiras cen entradas e agora está a piques de rematar a segunda oferta de lanzamento de 12 euros polos dous días de concerto e animación (pódese adquirir as últimas a través de www.ticketea.com/entradas-festival-vive-nigran).

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM