Comarcas

@ConcelloNigran organiza 8 campamentos deportivos de verán para os máis pequenos

O Concello de Nigrán, coa colaboración dos clubes do municipio, organiza dende finais de xuño a finais de agosto oito campus deportivos orientados a nenos e adolescentes. O prazo de inscrición para participar en cada un deles arranca unha semana antes do comezo do mesmo, poidéndo apuntarse os interesados no campus de Prado Surf (do 26 ao 30 de xuño) dende este luns 19. As inscricións deben facerse na Oficina de Turismo de Panxón en horario de oficina (de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas).

Todos teñen un custo de 60 euros (na maioría se contempla que os socios abonen 45 euros) e unha duración de catro ou cinco días, existindo nalgúns a posibilidade de empregar servizo de coidador para ampliar horario e permitir mellor conciliaciñon familiar. Como novidade, este ano se incorpora un campus multideporte e de animación.

Os campus están orientados a un público infantil e adolescente e arrancan o día 26 de xuño con Surf a cargo de Prado Surf e a continuación Sur Patos do 3 ao 7 de xullo. Os restantes van sucedéndose ao longo de todo o verán sen solaparse: baloncesto (Club Baloncesto Nigrán, do 10 ao 14 de xullo), ciclismo (Club Ciclista Rías Baixas), futbol sala (Panxón Nigrán F.S., do 17 ao 21 de xullo) , tenis (Club Tenis Nigrán, do 24 ao 28 de xullo), multideporte e animación (Panxón Nigrán F.S. do 31 de xullo ao 4 de agosto), fútbol (E.D.Val Miñor, do 7 ao 11 de agosto) e ciclismo (Club Ciclismo Rías Baixas, do 21 ao 25 de agosto). O Concello aportará a merenda diaria para cada participante e a cobertura do seguro.

Tódolos detalles (datas de celebración, horario, idades…) poderanse consultar na web municipal ou no propio Concello ou Oficina de Turismo.

También te puede interesar