Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@carmelasilva na Escola María Vinyals: “ainda temos que explicar que a violencia contra as mulleres non é algo doméstico ou familiar”

Posted by on Jun 15th, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A presidenta da Deputación de Pontevedra inaugurou este xoves unha nova xornada da Escola de Igualdade María Vinyals, que a institución provincial desenvolve no Castelo de Soutomaior. Nesta ocasión, a xornada versou arredor das “Miradas Interdisciplinares sobre a violencia de xénero”, unha lacra que provoca máis de 50.000 asasinatos de mulleres ao ano no mundo.

Carmela Silva, sinalou que “estamos abordando un dos temas máis difíciles da desigualdade, que é a violencia machista, cunhas xornadas que non son un acto de resistencia senón de optimismo, de convencemento e de compromiso que afrontamos con orgullo”.

Silva asegurou que “aínda hoxe é necesario explicar que a violencia contra as mulleres non é unha cuestión doméstica ou familiar, senón que está totalmente incrustada nun sistema patriarcal que fai que as mulleres sexamos vítimas de moitas violencias”.

A presidenta denunciou que “onte mesmo no Congreso, onde residen a soberanía popular e os dereitos de todas as persoas, tivemos que ver como un home cavernícola subía ao estrado e facía comentarios machistas contra a voceira de Podemos, Irene Montero”, un feito que, segundo Carmela Silva, “tería que facer que hoxe miraramos con vergoña e desprezo a quen se atreve a facer ese tipo de comentarios”. Tamén se dirixiu ao feito de que “este país cometeu un grave error ao decidir que non houbera un Ministerio de Igualdade porque, ao habelo, hai unha prioridade e visibilízase que a Igualdade forma parte dunha forma de facer política”.

Silva tamén fixo un comentario sobre o caso dos insultos que recibiu a través das redes sociais “por mor das cuestións políticas que teño que tomar no meu cargo”. Carmela Silva informou de que “hai dous días foi o xuízo oral, e espero que os concelleiros deses dous concellos da provincia de Pontevedra teñan a sanción que lles corresponda, porque se as mulleres damos o paso e denunciamos estes casos, poderemos avanzar”.

A presidenta da Deputación asegurou que “é certo que os ataques ás mulleres hoxe en día se revestiron de modernidade, pero seguen a ser os mesmos de sempre” e lembrou que durante a xornada “imos falar das diferentes violencias que sufrimos as mulleres porque temos que facer debates e enchelos de coñecemento, transmitir e educar ao conxunto da sociedade para así poder cambiar as mentalidades que modifiquen tamén as formas nas que se afrontan as violencias machistas”. “Estamos aquí para cambiar o mundo, que soamente será mellor cando se viva en Igualdade”.

Carmela Silva subliñou que “hoxe ninguén se atreve a non posicionarse pola Igualdade con palabras que moitas veces resultan ser baleiras, pero non, temos que dar un paso cualitativo” conseguindo que “a loita contra as violencias que sufrimos e a indignación da sociedade a través da protesta masiva de todas as persoas, homes e mulleres, ten que ser algo habitual” e converterse na “forma de facer fronte ao máis inxusto que padecemos toda a sociedade”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM