Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O domingo, 18, en Vigo, manifestación en contra do proxecto de lei de benestar animal da Xunta

Posted by on Jun 14th, 2017 y archivado abajo Cultura, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

33 colectivos animalistas, entre os que se atopan protectoras, santuarios, plataformas e grupos de defensa animal, convocan unha manifestación rexeitamento ao actual Proxecto de Lei de Protección e Benestar de Animais de compañía, que o goberno do PP da Xunta quere aprobar.

A cita será o domingo 18 ás 12h da mañá en Vigo, sairá dende Vía Norte, cruce con Urzáiz. Baixo o lema “hai que encher as rúas coa vos das e dos sen voz!

Fai un par de semanas unha ducia de asociacións protectoras de animais de toda Galicia enviaron  un comunicado aos medios de comunicación no que rexeitaban o proxecto de Lei de Protección e Benestar Animal, do Partido Popular, que se debatiu no  Parlameto de Galicia o pasado  día 7 de xuño.

Estas asociacións denuncian que este proxecto “non só contravén e empeora a anterior lei 1/1993 na maior parte do seu articulado, senón que pretende facer negocio co abandono dos animais, non rematar co mesmo, promovendo a creación de centros autorizados, entregando estes servizos nas mans de empresas privadas, e poñendo paus nas rodas ás asociacións de protección e defensa animal e persoas individuais animalistas que levan anos deixándose a pel asumindo e facendo de forma altruísta e desinteresada o traballo que lles correspondía atender ás administracións e gobernos de turno”.

Á vista do mesmo piden a recuperación do anterior nome da lei 1/1993: Lei de Protección e benestar dos animais domésticos e salvaxes en catividade, de ámbito máis amplo, para non reducir a protección só aos de compañía.

Rexeitan a exclusión dos animais de autoconsumo, équidos, festexos taurinos e animais de experimentación do seu ámbito de regulación; rexeitan  atribuírlle aos alcaldes a responsabilidade, “consideramos que a Xunta, como ente administrativo máximo, ten que ser o que a represente, dotando aos concellos das partidas orzamentarias necesarias para a súa correcta aplicación”.

Amósanse en contra da prohibición de alimentar aos animais nos espazos públicos. “Esta medida condenaría a morrer de inanición a miles de animais en toda Galicia”; rexeitan  a obrigatoriedade de comunicar á concellería competente a tenencia ou posesión de máis de cinco animais pertencentes á especie canina e felina ou aqueloutras que regulamentariamente se determinen.

Ademáis, piden a identificación de todos os animais de compañía e non só a dos cánidos, “xa que o extravío e abandono de animais é unha realidade noutras especies o que facilitaría a súa recuperación e sanción en caso de abandono”; estiman que é “imprescindible” manter ou mesmo aumentar os tempos para recollida de animais abandonados xa que reducir os mesmos podería dificultar aínda máis a súa recuperación.

Rexeitan o uso e utilización de animais en espectáculos públicos e para traballos, sen matices nin autorizacións pertinentes; tamén amósanse en contra da catalogación como infracción moi grave a recollida de animais extraviados ou abandonados.

“Desexamos clarificar a diferenza entre sacrificio e eutanasia: o sacrificio de animais sans, nunca estaría xustificado, camiñando desta maneira facía o obxectivo desexado, “sacrificio cero”.

Por último, non están dacordo con que as asociacións de protección e defensa dos animais estean obrigadas a ser declaradas de utilidade pública. Tendo en conta que o peso da protección animal en Galicia descansa na súa inmensa maioría nas asociacións de protección de animais, non ten encaixe algún que se pretenda endurecer o seu estatus en lugar de favorecelo.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de V al minuto - Vigo

ElektronikSigara - sex shop vibrator