Comarcas

A Festa da Coca de Redondela empeza coa estrea da nova bandeira oficial da vila

Imágenes: vigoalminuto/Este mércores, día 14 de xuño, deu comezo a Festa da Coca de Redondela  coa que, ata  vindeiro domingo, día 18, os veciños celebran o Corpus Christi durante uns días nos que a rúas énchense de  alfombras florais, música, danza  e pasarrúas.

O día comezou coas ‘Bombas de Palenque’, ao mediodía, anunciando o comezo da festa que, este 2017, pasará á historia por ser o ano no que Redondela estrea a bandeira. O alcalde Javier Bas, recibiu a mesma de mans da directora xeral da Administración Local, Marta Fernández-Tapias.

A nova bandeira, xa está pendurada no balcón do Concello e coma subliñou o alcalde, “pasará a formar parte da nosa vida cotiá xa para sempre”.

Ás 5 e media está programado o tradicional desfile de xigantes e cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas ‘Airiños de San Simón’, de Cesantes; ás 7 e media a Orquestra de Saxos do Conservatorio de Redondela, ofrecerá un concertó na Praza do Concello.

Ás 8 da tarde será a hora a lectura do pregón, este ano a cargo de Carlos Alonso Martínez, ‘Fosca’ e a homenaxe a Manuel Seijas-coa anza das Espadas-, ás alfombristas Elvira Rafael González (Virita) e a Jesusa Figueroa Portela.

De seguido chegará o acto solemne de Relevo das Penlas , a homenaxe a Margot Araújo, estreitamente vencellada ao Corpus de Redondela e, logo, o acendido da Iluminación da Festa da Coca 2017.

A noite empezará co concerto da Orquestra Tango, no Campo da Feira, ás 10, e seguirá coa elaboración das alfombras florais por toda a vila.

También te puede interesar