Galicia Sucesos

Unha persoa morta e 67 feridas nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 68 persoas debido a 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 9 de xuño, ás 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 11. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 18 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 51 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 44 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 68 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 78. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en sete sinistros,   o helicóptero medicalizado en catro ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 52 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 11 accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en catro sinistros.

En 60 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 7 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar