vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@Xunta publica ortofotografías das principales cidades de Galicia realizadas hai 71 anos

Posted by on Jun 10th, 2017 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Vigo

O Goberno de Galicia vén de publicar ortofotografías do ano 1946 pertencentes ás principais cidades galegas. A importancia deste traballo radica na súa utilidade para a comprobación dos cambios producidos nas zonas urbanas, así como a evolución e dinámicas fluviais e hidrográficas, repoboacións e superficies de cultivo, variacións localizadas nos ámbitos mineiros, canteiras ou grandes infraestruturas.

Pontevedra

Ourense

Lugo

Así, pois, o Instituto de Estudo do Territorio acaba de incorporar aos visores de información xeográfica unha nova capa de fondo con estas imaxes, que foron tomadas desde o aire, a escala cartográfica e libres de deformacións, o que permite o seu uso como mapas e mesmo a realización de medicións.

Santiago

Trátase dun anticipo do proxecto de recollida deste tipo de datos nos que está a traballar o IET, dentro do Plan Nacional de Ortografía Nacional histórica, que conta, ademais, coa colaboración do Ministerio de Defensa. Cómpre salientar que estas ortofotografías incorporadas ao sistema de información xeográfica do IET foron tomadas na década dos 40 polo exército americano. É, polo tanto, unha información valiosa e custosa debido á dificultade, polo paso do tempo, de recompilar todos os datos técnicos necesarios.

Ferrol

Polo mesmo motivo, este material pasará a formar parte da información xeográfica histórica xeorreferenciada, que, ao igual que a Carta Xeométrica de Galicia ou o voo do ano 56, o instituto está a pór a disposición dos cidadáns e das administracións públicas que o precisen. Deste modo, esta documentación xeorreferenciada de importante valor histórico e cultural consérvase co fin de manter viva a memoria colectiva de Galicia, ao tempo que se facilita á sociedade o acceso e a consulta deste tipo de datos que doutro xeito sería custoso de adquirir.

A Coruña

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM