Vigo al minuto

2,3 millóns para as humanizacións do entorno de Álvaro Cunqueiro

O alcalde, acompañado polo comisario xefe, Manuel Teijeiro e o segundo tenente de alcalde, David Regades, visitou esta mañá o entorno da rúa Álvaro Cunqueiro, para comprobar “a boa marcha” da primeira fase da humanización, que comprende toda a coroa interior, ata o seu entronque con Pintor Lugrís.

Cun importe de preto de medio millón de euros, trátase dunha actuación de 550 m2, con renovación de 400 metros de tubaxes, instalación de 14 papeleiras, bancos e 52 árbores. Ademais, as obras inclúen unha proposta de divulgación do nomenclator, así como da historia urbana do entorno. Con este obxectivo, creouse unha plataforma online apoiada sobre unha páxina web e placas ubicadas na rúa.

Tal e como lle explicou o rexedor ao máximo responsable da Comisaría Vigo-Redondela, nese entorno, xa se está traballando na humanización da rúa Pintor José Frau, cun orzamento de preto de 600.000 euros. Nestes momentos, estase a redactar o proxecto, que incluirá aparcamentos en batería, así como a renovación de pavimento, beirarrúas, abastecemento, alumeado, sinalización, xardineiras e mobiliario urbano. Tamén se proxecta a instalación, ao longo da rúa, dunha representación permanente da obra pictórica de José Frau, así como unha escultura tipo busto do artista.

Outra das obras en marcha na zona é a 4ª fase da humanización de Camelias, entre Doutor Marañón e Juan Ramón Jiménez, cun orzamento de case 800.000 euros. Do mesmo xeito, o rexedor avanzou que se están estudando opcións para mellorar o pavimento da Praza Independencia, aínda que é difícil dado que non se pode tapar todo o adoquinado por un problema de drenaxe. Concretamente, apuntou a posibilidade de facer camiños debuxados e cimentados en cor.

También te puede interesar