Vigo al minuto

O conselleiro de Cultura pide unha xuntanza con Caballero para falar da candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, remitiu este luns unha carta a Abel Caballero solicitándolle celebrar un encontró, esta mesma semana, no que “dialogar con pragmatismo, para poder acadar unha suma de vontades que contribúa á consecución do obxectivo compartido da declaración como Patrimonio da Humanidade das Cíes en conxunto co Parque Nacional Illas Atlánticas”.

Na misiva, o conselleiro indícalle ao alcalde que sería moi positivo poñer información en común e intercambiar puntos de vista para, tendo a responsabilidade de defender o mellor para Vigo e para Galicia ”atopar unha  solución que sume para acadar este anhelo común”.

También te puede interesar