Cultura Vigo al minuto

#RiasBaixasFests enche o Atlántico Express de música, gastronomía e cor na viaxe de Vigo a Porto

O Atlántico Express, o tren fletado pola Deputación de Pontevedra e Renfe para a viaxe á cidade portuguesa de Porto, foi este sábado o escenario da campaña de promoción dos Festivais Rías Baixas 2017, que este ano serán 8+1 coa festa final en Cambados.

Case 200 persoas da provincia, que esgotaron  todas as prazas que saíron a venda, desfrutaron a bordo do tren Celta nun percorrido marcado pola música en directo e a gastronomía das Rías Baixas

A presidenta da Deputación, que estivo acompañada por alcaldes e delegacións de concellos da provincia como Caldas, A Guarda, Vigo e O Grove, cidades que ademais do seu interese turístico albergan algún dos Festivais Rías Baixas, mostrouse convencida da súa aposta. “Sei que isto  vai crecer porque na provincia hai unha industria musical e un talento moi potentes. Están a aflorar moitos novos grupos e estou segura que se agora temos un presente sobresaínte, a curto e medio prazo haberá un futuro extraordinario. Estou convencida de que os Festivais Rías Baixas serán un dos auténticos elementos de atracción e visualización dun espazo como Rías Baixas que o ten todo. Todo o que un desexa coñecer, está en Rías Baixas.  Hai miles e miles de razón para vir. Temos un paraíso que oferta todo aquello que podemos soñar”

A novidade deste ano foi a presencia no Atlántico Express dun notable grupo de influencers, blogueiros, twitteros e Instagramers procedentes da provincia, doutras cidades como Oviedo ou Barcelona e de Portugal, que se incorporaron ó tren á volta de Porto, e que pasarán este domingo de visita nas Rías Baixas.

Entre os instagramers que fixeron o percorrido, que contan con case medio millón de seguidores e cun promedio entre eles e elas de 10.000 “likes”, asistiron representantes de importantes colectivos de esta Rede Social como os #igersspain #igerspontevedra e #igersvigo. Entre todos eles e elas convirtiron Rías Baixas en protagonista das Redes Sociais. De feito, a súa chegada á Porto, Silva mantivo un encontro cos instragramers da cidade portuguesa e cos promotores dos RíasBaixasFests na zona da coñecida Torre dos Clérigos.

Carmela Silva sinalou que a aposta polas novas canles de comunicación é un feito. “É un público que interésanos moito. As Redes Sociais están transversalmente unidas a eventos como os Festivais e ó ter nesta viaxe xente que ten tanta repercusión e seguidores e moi importante para a promoción de Rías Baixas”

O Atlántico Express contou coas actuacións en directo dos grupos e solistas Basanta, Tincho Fernán, Najla Shami e Mounqup. Todos eles e elas actuarán este verán nalgún dos Festivais Rías Baixas, Atlantic Fest (A Illa de Arousa), Cultura Quente e Port América (Caldas de Reis), O Marisquiño (Vigo), SinSal Son Estrella Galicia (Illa de San Simón), Son Rías Baixas (Bueu), Revenidas (Vilaxoán) e Vive Nigrán (NIgrán) ademais da festa conxunta que celebrarán en Cambados como peche da campaña por mor do título de Cidade Europea do Viño.

A presidenta incidiu que “as cousas que funcionan ben hai que repetilas e melloralas como fixemos este ano. O ano pasado os visitantes portugueses foron moitos máis que outros anos e, polo tanto, este tipo de iniciativas teñen retornos. Ademais, os Festivais son o fio conductor, pero témolo todo, gastronomía, un producto envexable, seis rutas do Camiño Portugués a Santiago, que ademais albergan festivais, e a excelencia nos servizos ós turistas”

Ademais da música en directo,  os viaxeiros e as viaxeiras puideron desgustar a bordo do tren dunha excelente oferta de productos gastronómicos, tradicionais, orgánicos e ecolóxicos de varias comarcas da provincia como os queixos da Queixería Cobideza que ademais foron servidos pola mestra queixeira Berta González, marmeladas ecolóxicas da man de “Amorodo”, roscóns de Caldas e da Guarda e caldos albariños da bodega do Salnés “Pazo de Villarei”.

A promoción dos #RíasBaixasFests seguirá este domingo. Blogueiros e instagramers percorrerán diferentes lugares da provincia como Vigo, Pontevedra, Bueu, Caldas ou Cambados para reflexar a nosa provincia nas Redes Sociais.

También te puede interesar