Galicia

@Xunta subvencionará con ata 5.500€ a rehabilitación de vivendas que estean no programa ‘Vivendas valeiras’

Os propietarios de vivendas incluídas no Programa de Vivendas Baleiras creado pola Xunta de Galicia poderán beneficiarse de axudas de ata 5.500€ parta a realización de obras de conservación, mantemento e rehabilitación das mesmas.

O importe máximo das axudas será de 5.500€ no caso de vivendas unifamiliares e de 4.000 cando se trate de vivendas emprazadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva, tal como establece a Orde publicada no Diario Oficial de Galicia do 29 de maio e que regula as bases polas que se rexen estas axudas e a convocatoria para 2017.

Na área de Vigo están adheridos ao Programa de Vivendas Baleiras os concellos de Redondela, Ponteareas, Gondomar e Baiona, aínda que non en todos os casos teñen as bases do mesmo aprobadas, sendo un dos requisitos establecidos para que os propietarios das vivendas poidan acceder ás axudas.

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas, físicas ou xurídicas, que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas e promoveran as actuacións subvencionables. As vivendas deberán estar incluídas neste Programa e as obras deberán realizarse despois da data de solicitude de inscrición no mesmo e antes de solicitar a subvención, sendo necesario un informe municipal que acredite a necesidade das actuacións para as cales se solicita a subvención.

Serán subvencionables as seguintes actuacións: Obras de conservación e mantemento; obras de rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como o correcto funcionamento das súas instalacións ou a súa adaptación á normativa vixente e axustes na distribución interior da vivenda, que non impliquen unha alteración substancial da súa configuración.

En 2017, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinará 300.000€ a estas axudas, dos que 200.000 estarán destinados a vivendas propiedade de particulares, 50.000€ a vivendas propiedade de concellos e os outros 50.000 a vivendas propiedade de empresas. O importe da convocatoria poderá ampliarse no caso de ser necesario.

También te puede interesar