Cultura Vigo al minuto

@ConcelloNigran lembra que ábrese a última semana para presentarse ao concurso de carteis ‘Quin Albores’

O Concello de Nigrán convocou un ano máis o xa tradicional concurso de carteis ‘Quin Alborés’, dotado con 500€ á proposta gañadora, co obxectivo de difundir a imaxe do Nigranjazz 2017.

O prazo de presentación de propostas remata o venres 9 de xuño. As bases para participar poden consultarse na web do Concello ou na propia Casa Consistorial.

O concurso está aberto a persoas físicas ou xurídicas de Galicia maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz.

Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) cunha calidade mínima de 350 ppp. Os traballos presentados deberán garantir o anonimato dacordo co previsto nas bases e poderán enviarse por mail ou por Rexistro ou Correos seguindo as indicacións facilitadas nas devanditas bases.

Este certame rende homenaxe dende o ano 2010 ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do jazz e quen impulsou o Festival dende o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.

También te puede interesar