vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O comité de Vitrasa denuncia “sancións arbitrarias” da empresa a condutores que teñen accidentes de tráfico

Posted by on Jun 2nd, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O comité de empresa de Vitrasa iniciou este venres unha campaña de mobilización para denunciar que a empresa está a aplicarlles sancións “moi graves e de xeito arbitrario” a condutores que teñen accidentes de tráfico. Dende a representación dos traballadores lembran que os incidentes de circulación “desgraciadamente forman parte do noso traballo diario”.

Un grupo de delegados do comité de empresa de Vitrasa (4 CCOO, 3 CIG, 3 UGT e 3 USO) desenvolveu unha concentración ás portas do Concello para “rexeitar a política de sancións que está a aplicar a empresa a algúns condutores” e para denunciar que a dirección as considera “moi graves”, polo que poden supoñer o despedimento procedente se suman a outra sanción leve. Ao mesmo tempo, critican que as sancións sexan consideradas “moi graves” independentemente da gravidade do accidente e que se lles aplique “de xeito arbitrario” a uns empregados si e a outros non.

Lembran que no último mes rexistráronse tres sancións deste tipo, polo que o cadro de persoal síntase cada vez máis presionado. “Ao estrés diario que padecemos temos que sumar agora esta cuestión, polo que nos atopamos cunha espada de Damocles enriba de nós”.

Diante disto, anuncian que continuarán coas protestas até que a empresa dea marcha atrás, xa que até o de agora unicamente accedeu a rebaixar o tempo das sancións. “O que queremos é que lle retiren a cualificación de moi graves ás sancións derivadas dos accidentes de tráfico, porque poden supoñer despedimentos”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM