Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@carmelasilva coas xogadoras do Atlético Guardés, campión da División de Honor de Balonmán

Posted by on Jun 1st, 2017 y archivado abajo Deportes. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Carmela Silva, recibiu esta mañá no Pazo da Deputación á directiva, ao equipo técnico e ás xogadoras do equipo de balonmán Atlético Guardés, campioas da División de Honor de Balonmán, a máxima categoría da súa disciplina.

No encontro, no que tamén estiveron presentes o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, maila Deputada e concelleira da vila Montse Magallanes, Silva asegurou que “a Deputación de Pontevedra vai levar adiante, con medios propios, a redacción do proxecto para a ampliación do pavillón da Sangriña”, as instalacións municipais que emprega o equipo.

A presidenta da Deputación salientou que “este é un feito histórico”, xa que é a primeira vez que o Guardés se fai co primeiro posto desta Liga, e subliñou que “ademais nunha vila de menos de 10.000 habitantes como é A Guarda, o que me fai sentirme moi orgullosa de todas vós” xa que “sodes un exemplo de que con poucos recursos, dende logo moitísimos menos que dos que dispoñen nas grandes cidades e noutras comunidades autónomas máis ricas que a de Galicia, se poden conseguir grandísimas cousas”.

Carmena Silva lembrou que “o deporte feminino necesita moitos máis recursos e tamén moita máis visibilización”. A presidenta cualificou ás xogadoras do Atlético Guardés de “heroínas” e asegurou que “sodes un exemplo para todas as mulleres” e, ademais, “marcastes historia”.

Como colofón do encontro, Carmela Silva fixo entrega ao club dunha placa conmemorativa do seu título e, ademais, a Presidenta provincial recibiu unha camiseta asinada por todas as xogadoras do club.

Co seu novo título, as xogadoras do Atlético Guardés xogarán unha clasificatoria para a Champions League de balonmán e, ademais, disputarán a Supercopa de España co equipo gañador da Copa.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto - Deportes

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM