Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

#AtlanticoExpress une este sábado Vigo e Porto para promocionar os #RiasBaixasFests

Posted by on Jun 1st, 2017 y archivado abajo Comarcas, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O tren “Atlántico Express”, que unirá este sábado as cidades de Vigo e Porto para promover os 8 + 1 “Festivais Rías Baixas” que patrocina a Deputación de Pontevedra xa está a piques de completar as súas prazas. Deste xeito, xa se venderon preto de 140 das 185 prazas tanto de ida como de volta da viaxe. Ata que se complete o aforo, os billetes seguen á venda tanto na páxina web de Renfe, www.renfe.es, como en calquera das billeteiras.

As persoas asistentes poderán asistir a un espectáculo de música da man dalgúns e algunhas das artistas que van actuar nos distintos #RíasBaixasFests da provincia de Pontevedra. Deste xeito, durante os traxectos actuarán no “Atlántico Express” a banda Basanta, o músico Tincho Fernán, a cantautora galega Najla Shami e a francesa Mounqup. A oferta musical do tren inclúe a dúas mulleres, dentro da aposta da Deputación de Pontevedra pola visibilización das mulleres artistas.

Todas as persoas que viaxen no #AtlanticoExpress -que será o hashtag oficial desta acción, ademais de #RiasBaixasFests- poderán desfrutar dunha degustación de produtos galegos: viño albariño, da man da bodega do Salnés Pazo de Villarei, a Queixería Cobideza da comarca de Deza -cuxa mestra queixeira Berta González será a encargada de ofrecer a degustación-, as marmeladas de Amorodo conservas ecolóxicas e tamén Roscón de Caldas, un dos produtos de repostaría máis característicos da súa comarca.

Ademais da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o deputado de Turismo Rías Baixas, Santos Héctor Rodríguez, asistirán tamén alcaldes, alcaldesas e representantes dalgúns dos concellos onde se desenvolven os “Festivais Rías Baixas” e outros destinos turísticos da provincia de Pontevedra, como Vigo, Caldas, O Grove, A Guarda ou Gondomar. Xunto a elas e eles viaxará un grupo de influencers, blogueiras e blogueiros e instagrammers tanto da provincia de Pontevedra como de Porto, entre elas e eles os e as promotoras e compoñentes de comunidades desta rede social como #igersspain, #igerspontevedra e #igersvigo ou de blogs como Vigopeques. Ademais, os e as profesionais dos novos medios de comunicación procedentes de Porto pasarán a noite en Vigo e, durante o domingo, visitarán diferentes lugares da provincia como Caldas, Cambados ou Bueu. Antes diso, ao chegar a Porto, manterán un encontro informal pola céntrica zona da Torre dos Clérigos.

O “Atlántico Express” sae este sábado 3 de xuño dende a estación de tren Vigo-Guixar ás 8:56 da mañá e ten prevista a súa volta ás 19:10 horas (horario portugués). Os “Festivais Rías Baixas” son o Atlantic Fest (A Illa de Arousa), Cultura Quente (Caldas de Reis), PortAmérica (Caldas de Reis), O Marisquiño (Vigo), SinSal SON Estrella Galicia (Illa de San Simón), SonRías Baixas (Bueu), Revenidas (Vilaxoán de Arousa) e Vive Nigrán (Nigrán) ademais da acción conxunta que desenvolverán en Cambados por mor da Cidade Europea do Viño 2017.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM