Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Dous mortos e 92 feridos en accidentes de tráfico nas estradas galegas a pasada fin de semana

Posted by on May 29th, 2017 y archivado abajo Galicia, Sucesos. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O 061 asistiu durante a fin de semana a 92 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres pasado, día 26, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 92 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 78. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en tres sinistros,   as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 65 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en catro sinistros.

En 88 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en  dúas ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator