Deportes

@ConcelloNigran organiza a ‘II Carreira Nocturna PlazaH2K’

Nigrán será escenario o vindeiro 17 de xuño da ‘II Carreira Nocturna PlazaH2K’, evento organizado entre o Concello de Nigrán e as empresas  ximnasio Plaza Fitness e H2K Seguros e para o que xa está aberto o prazo de inscrición ata o 12 de xuño a través de www.championchipnorte.com.

Tralo éxito da primeira edición, con 650 participantes, este ano espérase superar esta cifra amplamente e, con elo, consolidar esta cita apadrinada polo corredor Daniel Bargiela no calendario deportivo do municipio.

O evento contará con categorías dende pitufos ata cadete e absoluta, todas elas con percorridos adaptados a cada franxa. A máxima, cunha distancia de 10 kilómetros, percorre todo o municipio partindo do Concello de Nigrán ás 22.00 horas e rematando como máximo nunha hora e 25 minutos no pavillón de Panxón.

O percorrido é: saída dende a Casa Consistorial enlazando coa estrada pola Vía (PO-325)  á altura da rúa Telleira, continuación pola PO-325 ata A Foz bordeando a península de Lourido para seguir por todo o paseo marítimo ata A Madorra,Tomás Mirambell, Bouzavella, Mariñeiro, Jesús Espinosa, Arquitecto Palacios e meta no pavillón municipal de Panxón. Previamente a esta proba reina serán as das demais categorías, comezando ás 19.00 horas con cadetes.

Este ano a carreira nocturna divulgará o ‘síndrome de usher’, enfermidade cunha persoa afectada en Nigrán e da que se coñecen tres casos en toda España. Toda a información da carreira pódese consultar na web www.plazah2k.com.

También te puede interesar