Vigo al minuto

O Concello oferta 5.000 prazas para 34 modalidades no Programa de Escolas Deportivas 2017

O goberno local aprobou este xoves o ‘Programa municipal de Escolas Deportivas Achégate ao deporte 2017’ que este ano conta cun orzamento de 300.000€. Segundo explicou o alcalde, son 5.000 prazas en 34 modalidades para nenos e nenas de entre 6 e os 18 anos.

Abel Caballero tamén deu conta da clasificación de ofertas para a contratación do subministro de material e aluguer de maquinaria para as obras que se realizan nos colexios de ensino infantil e primaria por persoal do programa municipal Vigo Emprega por un importe total de 464.000€.

Nestes momentos, xa están en marcha os traballos en Santa Tegra e Frián e, tan pronto como remate o curso, arrancarán os do Ceip Sello, Pardo Bazán, Balaídos, Lope de Vega, Carballal, Igrexa Valadares, Carrasqueira, Vidente Risco, Escultor Acuña, Canicouva e Santa Mariña. Tal e como indicou Caballero, a esta inversión hai que sumar 490.000€ para obras de mantemento- sen engadir calefacción nen luz- e o outros 570.000 para cubrir os patios dos centros Carballal, Virxe do Rocío e Canicouva. Deste xeito, salientou o alcalde, “o orzamento total para acometer obras en centros educativos, que son competencia autonómica, ascende a 1,6 millóns”.

Por último, recibiu luz verde o proxecto de convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación de Persoas Xordas de Vigo, para axudar ao finanzamento dos gastos derivados da contratación dun intérprete de lingua de signos a tempo parcial. A esta achega de 6.000€ súmase outra subvención, tamén para o fomento do emprego, de 5.297€.

También te puede interesar