vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O novo centro de saúde de Tui empeza o vindeiro luns a actividade ordinaria en xornada de mañá

Posted by on May 24th, 2017 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O próximo luns día 29 o novo centro de saúde de Tui inicia a actividade ordinaria en xornada de mañá.  Así, este venres, todo o persoal da Unidade de mañá –37 profesionais- vanse incorporar ao novo edificio sanitario, de xeito que o luns xa atenderán alí aos pacientes.

Con esta ultima fase se completa o traslado de toda a actividade asistencial ao novo centro de saúde, no que xa estaban emprazadas as Urxencias e as consultas de  tarde.

Co obxecto de garantir o correcto funcionamento das instalacións e minimizar as posibles incidencias inherentes a un traslado e posta en funcionamento dun centro destas dimensións, o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) deseñou un cronograma que estableceu un traslado dos servizos asistenciais de xeito gradual e progresivo.

Así, o primeiro servizo en incorporarse ao novo edificio foi o PAC (Punto de Atención Continuada); seguiulle a Unidade de tarde, e  agora, unha vez garantidas as condicións do subministro eléctrico e a climatización do centro esixidas pola administración sanitaria, tócalle o turno a Unidade da xornada de mañá.

Este equipo da Unidade de mañá está composto por 10 médicos de familia, 2 pediatras, 1 odontólogo, 1 hixienista dental, 2 fisioterapeutas, 1 farmacéutico, 1 asistente social, 1 matrona, 1 Técnico de Imaxe Diagnóstica, 10 enfermeiras, 1 Técnico Coidados Auxiliares Enfemaría, 1 auxiliar administrativo  e 5 PSX (persoal de servizos xerais) .

A consellería de Sanidade realizou un investimento de 4,1 millóns de euros nesta infraestrutura, que conta cunha superficie construída de máis de 3.500 metros cadrados.

O centro, que está cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, enmárcase na Estratexia Sergas 2014 de modernizar as infraestruturas da rede de Atención Primaria para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o contorno de traballo dos profesionais.

Tratábase dun centro absolutamente prioritario na planificación sanitaria, xa que o actual presenta claras limitacións espaciais e algunhas deficiencias estruturais. O novo edificio conta  cunhas instalacións modernas, e con espazos axeitados para mellorar a confortabilidade dos usuarios e facilitar a actividade dos profesionais.

Nas súas dependencias emprázanse 22 consultas de medicina xeral de adultos e 4 de pediatría. Conta ademais  cunha área destinada á matrona e educación maternal, unha área de odontoloxía, outra de fisioterapia e salas polivalentes. Na área de administración disponse dun arquivo, almacéns e outros servizos comúns.

O seu cadro de persoal está composto por 60 profesionais: 37 en xornada de mañá, 7 na tarde e 16 no PAC (Punto de Atención Continuada). Por categorías profesionais este servizo conta con 19 médicos de familia, 3 pediatras, 1 odoentoestomatólogo, 1 hixienista dental,1 farmacéutico, 16 enfermeiras, 1 matrona, 2 TCAE(técnicos de Coidados Auxiliares Enfermería), 3 fisioterapeutas,  1 técnico especialista en Imaxe Diagnóstica, 1 asistente social, 1 auxiliar administrativo e 8 PSX (persoal de servizos xerais) e 2 celadores.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM